Para comer, Lugo

A provincia de Lugo vense caracterizando tradicionalmente e con sobrados motivos, pola súa rica e variada oferta gastronómica que lle fixeron merecedora da famosa expresión: "Para comer, Lugo". O peixe e o marisco que ofrece a costa lucense, os frutos de alta calidade que ofrecen as súas terras, ou a súa tradicción gandeira, converten a Lugo nunha zona privilexiada na que se produce prácticamente de todo.

Os productos da costa
Da prestigiosa lonxa de Burela proceden as grandes merluzas "de anzó", o rape ou a lubina, sin olvidar o polbo "á feira", cociñado en enormes caldeiros de cobre, ou os excelentes exemplares de atún branco que se poden encontrar pola costa ó comezar a tempada estival. A maior parte dos peixes brancos son cociñados "á galega", acompañados con patacas, guisantes e a salsa galega por excelencia: a "allada", enroxecida polo pimentón e aromatizada polo allo. Os camaróns, os chocos ou as nécoras tománse como preciados aperitivos, e os percebes concentran a quinta esencia dos sabores da costa lucense.

Carnes e empanadas
A calidade das súas carnes alcanza a súa máxima e máis sinxela expresión no clásico chuletón de buey ou as costilletas (chuletas de terneira). O "lacón con grelos" servido cocido e acompañado de chourizo e "cachelos" (patacas cocidas), é sen lugar a dúbidas o prato típico.

Doces e queixos
A bondade dos seus queixos, tanto o de tetilla como o de O Cebreiro, a exquisita elaboración da repostería e as filloas, constitúen o máis orixinal e agradable postre que se pode saborear nesta terra. Parte da riqueza vinícola de Lugo ven amparada pola denominación de orixe "Ribeira Sacra", que son viños de uva mencía, xeralmente moi frutais e de crianza; ou os brancos de Albariño e Godello; calqueira deles apropiados para acompaña-las glorias da cociña lucense.

imagenes de lugo marisco de lugo prados de lugo setas de lugo gastronomia de lugo imagenes de lugo imagenes de lugo imagenes de lugo imagenes de lugo
linea
viviendas en lugo separador conocer lugo separador vivir en lugo separador gastronomia separador historia separador contacto separador vinculos